Escudería Cuntis VT presenta:
Carreira de ROLOS
A Carreira de Rolos nace no ano 2018. É unha idea orixinal e rexistrada do noso Presidente Honorífico, José Pazos, tamén coñecido como Pepe Mieres.
A carreira, organizada en colaboración co Exmo. Concello de Cuntis, celébrase habitualmente o 15 de agosto, no centro da vila e coincidindo coas festas patronais de Cuntis. Consiste nunha competición lúdico-deportiva, onde equipos de todaGalicia, formados por 2 homes e 2 mulleres, teñen que empurrar un rolo ou bolo de herba seca durante un percorrido -costaarriba- duns 300 metros de distancia.
A proba divídese en dúas partes: na primeira, un membro de cada equipo terá que sortear unha gymcana de obstáculos ata chegar ó punto de encontro co resto dos seus compañeiros. Unha vez dado o relevo, comezan a empurrar o rolo de herba seca ata a meta. Os equipos, un máximo de 24, compiten entre sí en quendas de 2 equipos ó mesmo tempo ata que soamente quedan 12, que realizaran de novo o percorrido contra o reloxo. O equipo que faga o traxecto en menos tempo, consigue o primeiro posto e o premio en metálico.