Escudería Cuntis VT presenta:
Carreira de ROLOS

A Carreira de Rolos  nace no ano 2018. É unha idea orixinal e rexistrada do noso Presidente Honorífico, José Pazos, tamén coñecido como Pepe Mieres.

 A carreira, organizada en colaboración co Exmo. Concello de Cuntis, celébrase habitualmente o 15 de agosto, no centro da vila e coincidindo coas festas patronais de Cuntis. Consiste nunha competición lúdico-deportiva, onde equipos de todaGalicia, formados por 2 homes e 2 mulleres, teñen que empurrar un rolo ou bolo de herba seca durante un percorrido -costaarriba- duns 300 metros de distancia. 

A proba divídese en dúas partes: na primeira, un membro de cada equipo terá que sortear unha gymcana de obstáculos ata chegar ó punto de encontro co resto dos seus compañeiros. Unha vez dado o relevo, comezan a empurrar o rolo de herba seca ata a meta. Os equipos, un máximo de 24, compiten entre sí en quendas de 2 equipos ó mesmo tempo ata que soamente quedan 12, que realizaran de novo o percorrido contra o reloxo. O equipo que faga o traxecto en menos tempo, consigue o primeiro posto e o premio en metálico.

A competición máis tola do verán

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.