Escudería Cuntis VT presenta:
Carreira de ROLOS

A Carreira de Rolos nace no ano 2018. É unha idea orixinal e rexistrada do noso presidente honorífico, José Pazos, tamén coñecido como Pepe Mieres.

A carreira, organizada en colaboración co Excmo. Concello de Cuntis, celébrase habitualmente o 15 de agosto, no centro da vila e coincidindo coas festas patronais de Cuntis. Consiste nunha competición lúdico-deportiva na que equipos de toda Galicia, formados por dous homes e dúas mulleres, deben empurrar un rolo ou bolo de herba seca nun percorrido costa arriba duns 300 metros de distancia.

A proba divídese en dúas partes: na primeira, un membro de cada equipo terá que superar unha gincana de obstáculos ata chegar ao punto de encontro cos seus compañeiros. Unha vez dado o relevo, comezan a empurrar o rolo de herba seca ata a meta.

Os equipos, un máximo de 24, compiten entre si en quendas de dous en dous ata que só quedan 12, que realizan de novo o percorrido contra o reloxo. O equipo que complete o traxecto no menor tempo acada o primeiro posto e o premio en metálico.

A competición máis tola do verán

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.